para o amigo Xocas e a chuvia que non chega
Ando triste sen que aínda faga por chover.Será polo que non cae, ou polo que caeu enriba fai moito;
será que pesan as pingas baleiras do contorno, será por non sei que
que nunca acontece.
Cando chova, haberei de deixar a auga mollarme o vestido, o cabelo,
que arrastre esta tristura ata o fondo da terra
que se filtre entre as rochas,
que alcance o manancial interno
das profundidades,
para distribuírse por todos os ríos ensanguentados
e novamente purifique
a súa inmaculada molécula.
Copiado del blog de MGJuárez:
http://sinera.blogspot.com/2009/11/inmaculada-molecula.html
maravilhoso.
ResponderEliminarmil besos*
¿verdad que sí? Como todo lo que escribe Montse, espero que pronto recupere su mundo de palabras,
ResponderEliminardesde aquí un abrazo para las dos.